A Pegada dos Indianos

— SERIE DOCUMENTAL —

Subscríbete o noso newsletter

O único que debes facer e introducir o teu email e recibirás notificacións o correo coas novidades da Pegada do Indiano.

Introito

A palabra indiano denominaba ao emigrante enriquecido que retornaba de América. Ás veces empregábase o termo con certa connotación peiorativa, como fai Castelao ao describir aquel home que chegou das Américas e “trouxo consigo un negriño cubano, como quen trai unha mona, un papagaio, un fonógrafo”. Pero, noutras ocasións, a palabra expresa admiración e recoñecemento cara a aqueles emigrantes, xeralmente de berce humilde, que compartiron a riqueza duramente labrada na diáspora coas súas xentes e a súa terra. A súa aportación ao desenvolvemento de Galicia, aínda non recoñecida en toda a súa amplitude, foi inmensa. E a súa xenerosidade, indiscutible: nada lle debían a un país que lles negou o pan e o traballo, e, non obstante, cando lles sorriu a fortuna, volveron á terra e contribuíron a remover o atraso que causaba a hemorraxia migratoria.

Os indianos, sobre todo os procedentes de Cuba, Arxentina e México, financiaron escolas, bibliotecas, asilos, centros de acollida, plazas de abastos, casas consistoriais. Levantaron mansións de estilo colonial.

Crearon grandes empresas, algunhas xa desaparecidas como o xigantesco Grupo de Empresas Álvarez, outras en pleno esplendor como Augas de Cabreiroá ou Estrella de Galicia. Fundaron bancos, como o de Perfecto Castro Canosa en Cee. Exerceron o mecenazgo das letras e das artes. Practicaron a la filantropía e desenvolveron unha labor social que suplía a desidia e o abandono dos gobernos. De toda esa obra inxente, que contribuiu a cambiar a fisionomía do país e encamiñalo pola senda da modernización, quedan —máis ou menos esborranchadas polo paso do tempo— as súas pegadas. A pegada do indiano, unha serie pensada para a televisión, proponse facerlles xustiza e, ao mesmo tempo, lembrarlles ás novas xeracións de galegos que somos como somos en gran medida pola aportación daqueles homes que marcharon un día, lixeiros de equipaxe, a facer as Américas.

CAPÍTULOS

Presentador

Quisque sapien metus, ornare ac suscipit eget, vehicula a ipsum. Fusce vel lorem et urna volutpat varius quis eget orci. Maecenas pretium tristique dui et laoreet. Praesent elementum venenatis nibh, sit amet venenatis sapien rutrum sit amet. Donec mattis pulvinar facilisis. Proin in erat lacinia, tempor dolor et, pharetra.

Phasellus fermentum turpis eget ex tincidunt pulvinar. Donec sed nisl risus. Proin in nulla sagittis, sagittis lorem quis.

Quisque sapien metus, ornare ac suscipit eget, vehicula a ipsum. Fusce vel lorem et urna volutpat varius quis eget orci. Maecenas pretium tristique dui et laoreet. Praesent elementum venenatis nibh, sit amet venenatis sapien rutrum sit amet. Donec mattis pulvinar facilisis. Proin in erat lacinia, tempor dolor et, pharetra.

Capítulos

PERSONAXES

Personaxes

Pedro Murias Rodríguez [+]

A Devesa, Ribadeo, 1840

José María Rivera Corral

As Pontes, 1856

José García Barbón

Verín, 1831

Manuel Álvarez pérez

Gomosende, Ourense, 1873

Casemiro Gómez Cobas

Cotobade, 1854

José Pascual lópez cortón

Cedeira, 1817

Antonio Sanjurjo Badía

Sada, 1837

Francisco Barcón y Quevedo

Ferrol, 1865

Perfecto Castro Canosa

Cee, 1885

Irmáns García Naveira

Betanzos; Juan María, 1849; Jesús, 1853

Ramón gonzález fernández

Ribadeo, 1925

Segundo Casteleiro Pedrera

--

Justo Taladrid Catá

--

Manuel Lago Lemos / Manuel Losada

Val Miñor; Manuel Lago, 1875; Manuel Losada, 1860